Tuesday 14 de May de 2024

Lousame organiza o obradoiro de animación á lectura “Os catro tesouros do gabinete do escribán”, un achegamento á escritura chinesa


A Casa da Cultura de Lousame acollerá este venres 28 de abril, ás 18:00 horas, o obradoiro de animación á lectura “Os catro tesouros do gabinete do escribán”, unha aproximación á escritura chinesa. Trátase dun obradoiro dirixido a nenos e nenas de 6 anos en adiante (os menores de 8 anos teñen que vir acompañados por un adulto). A participación é totalmente libre, pero é precisa a inscrición previa a través do e-mail casacultura@concellodelousame.com.

“Os catro tesouros do gabinete do escribán” é unha actividade que combina a animación á lectura cun obradoiro práctico de introdución á caligrafía chinesa. Así, os pequenos introduciranse brevemente no sistema de escritura chinés a través de aspectos históricos, culturais e plásticos do sistema de escritura máis antigo do mundo. Acto seguido participarán nun obradoiro práctico no que se asomarán a esta cultura milenaria.